Na aula de 3 anos aprendemos unha canción para cando chove na que temos que imitar o son da choiva golpeando cun dedo a palma da nosa man. Se queredes cantala connosco premede no video.
Compoñemos unha árbore, parte por parte, a herba onde medra, as raíces no chan, o tronco subindo ao ceo, as pólas no alto e por último as follas secas a piques de voar e caer co vento do outono.
Nós somos o vento e sopramos e sopramos ata deixar a árbore núa.
Aquí vos deixo unha actividade LIM que elaborei para o traballo da discriminación auditiva.O xogo consiste en recoñecer sons do bosque, tanto de fenómenos naturais, de intervención do home como de animais. Tamén se traballan palabras clave, crebacabezas e simetrías. Para xogar a pantalla completa tedes que premer na icona da parte superior dereita, a que está o lado do altavoz. Para pasar páxina premede na frecha. E para a avaliación dalgunhas actividades, na icona con forma de "V" que aparece na parte inferior. Espero que vos guste. A xogar!!!!
No Taller de Linguaxe Oral para festexar o Samaín elaboramos un libro-xogo co que traballamos e xogamos cos nomes e onomatopeas dalgúns personaxes de terror. Pasámolo de medo!
Na aula de 4 anos xogamos co libro despregable ¿UN CARACOL? da Editorial Edelvives na que uns animais vanse transformando noutros ata chegar ó camaleón Calamito a quen lle cantamos unha canción. O camaleón pareceunos un animal interesante. Ten unha língua moooooi longa coa que atrapa as moscas para comelas. Nos probamos como sería iso transformándonos en camaleóns e practicando coa nosa língua a atrapar as moscas que se nos pousaban pola cara; no naris, no queixo, na meixela dereita, na esquerda... Pillámolas todas!!!!
Durante este curso xogamos con moitos instrumentos musicais e así traballamos a audición, a discriminación auditiva, o ritmo, a coordinación motriz, a atención, a memoria, as cualidades do son, a acción conxunta, a relaxación...
Traballamos as expresións faciais e así movemos a musculatura das meixelas, beizos, língua, mandíbulas...
Son órganos que temos que exercitar porque se están débiles non teñen a suficiente tensión para que os nenos e nenas articulen os fonemas que esixen un maior control da língua, beizos e respiración.
Tamén debuxamos a nosa cara ó facer as expresións para tomar conciencia da posición dos órganos.
Os nenos e nenas de Barrionovo vos recitan a poesía do PEIXIÑO PEQUENIÑO inspirada nunha canción de MAMÁ CABRA que traballamos con motivo da visita á CASA DOS PEIXES.
Os nenos e nenas de 5 anos cantan DIME QUE FIXECHES, unha canción do grupo MIGALLAS. Trátase dunha canción motriz e acumulativa na que salen moitos animais. Hai que ter boa memoria xa que temos que recordar o seu nome, a orde na que salen e facer un xesto por cada animal. Tentádeo e veredes que divertido!!!
Se queredes escoitar a canción orixinal cantada por MIGALLAS premede aquí.
Xogando con secuencias rítmicas traballamos, ademais do ritmo, a percepción e discriminación auditivas, a memoria, a atención… aspectos fundamentais para o correcto desenvolvemento da linguaxe.
Na aula de 4 anos fixemos maxia!!! Levantamos un anaco de papel e o sostivemos no aire sen empregar as mans. Queredes saber o truco? Aspirando por unha palliña como facemos ó beber. Probádeo na casa e veredes como funciona.
Actividade realizada polos nenos e nenas da aula de 5 anos no Encerado Dixital Interactivo resultado do traballo co fonema /s/ e as cousas que pensaron e debuxaron con ese son.
Realizamos praxias buco-faciais que son movementos que axudan a exercitar e traballar os órganos que interveñen na articulación dos fonemas: boca, língua, beizos, meixelas, etc.