11 jun 2014

UN CONTO PARA ATENDER

Hoxe traballamos a atención cun conto, "VAMOS A BAILAR" de EDELVIVES.






Neste divertido conto debemos observar moito xa que temos que atopar todo o que nos di.



9 jun 2014

BITS DOS 7MARES 14


PALABRAS QUE RIMAN

O ANANIÑO trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB.
Un xogo con palabras, palabras que riman.


Con esta actividade traballamos a discriminación fonética e fonolóxica identificando as palabras que rematan cos mesmos sons.



2 jun 2014

MEMORIA AUDITIVA

Actividade SMART deseñada para o traballo da discriminación e memoria auditiva.


Ao premer un botón no EDI, reproducíanse unha serie de sons. 


Despois tiñamos que recordar a orde na que os escoitamos.