25 ene 2012

COAS MIÑAS MANS

Extrapolando o tema da canción da paz estivemos a falar de que outras cousas boas, bonitas e baratas podemos facer coas nosas mans.
Estas son algunhas das que se nos ocorreron:



23 ene 2012

CANCIÓN PARA A PAZ

A aprendizaxe de cancións favorece o ritmo, a entonación, a memoria, a relaxación, aspectos fundamentais para a linguaxe.
A repetición de cancións favorece a fluidez da fala e axuda a mellorar a pronunciación.

Entón que mellor que aprender unha canción para festexar o día da PAZ o 30 de xaneiro!!!
Estamos a preparar unha de MAMÁ CABRA na que nos contan un montón de cousas que podemos facer coas nosas mans.




20 ene 2012

ANIMANDO O BOSQUE

No Taller TIC estivemos a traballar co programa LEAF CREATURES co que cada un compuxo unha escena dun bosque.




Despois no Taller de Linguaxe Oral traballamos o vocabulario, a expresión oral, a atención e a escoita describindo a escena creada e escoitando atentamente aos demáis.

Ollade os bosque tan animados que creamos.


Se queredes xogar na casa pinchade na imaxe que aparece abaixo.


18 ene 2012

INVESTIGANDO SOBRE O PETO

O peto pareceunos un paxaro moi interesante. 
Decidimos buscar en internet imaxes do peto para coñecelo mellor.
Miramos as distintas fotos que hai colgadas na web e falamos do seu aspecto, que cousas ten no seu corpo, de que formas, tamaños e cores son.
Descubrimos que algún ten na cabeza unha cresta de plumas vermellas!!!

9 ene 2012

O BURATO NA ÁRBORE

Un xogo de sopro.


Tentamos meter un peto no burato que fixo no tronco dunha árbore.
Sen mans, soamente coa nosa boca, soprando.
Pero con coidado! controlando o sopro, a súa dirección, forza e velocidade.
Que non caia da árbore!