29 ene 2014

ATENCIÓN Á DESAPARICIÓN

Actividade de atención deseñada e desenvolvida por Bárbara, que está a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.


Neste xogo visionamos unha serie de imaxes que despois desapareceron e tivemos que recordar onde se atopaba cada unha.


Pasámolo moi ben traballando así a memoria!

COMPLETA AS IMAXES

Actividade de atención deseñada e desenvolvida por Patricia, que está a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.


Xogamos a completar a imaxe co anaco correspondente, que tivemos que escoller entre tres posibilidades.


Foi un xogo moi divertido!

23 ene 2014

RITMOS MARIÑOS

Actividades deseñadas e desenvolvidas por Bárbara e Patricia, que están a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.



Grazas por axudarnos a traballar o ritmo con estas actividades tan divertidas!

BITS DOS 7MARES 8

20 ene 2014

MENSAXES DA AUGA

Este é o título da canción que, dende o Taller de Linguaxe Oral, estamos preparando para o 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ.


Un tema do grupo MACACO que nos fala da diferencia, da unión, da igualdade, da forza, da xente, da comunicación... e do MAR.




13 ene 2014

QUE SOA? INSTRUMENTOS MUSICAIS

Actividade SMART deseñada para o traballo da discriminación auditiva.



Detrás dun fondo de cor está escondido un instrumento musical que teremos que adiviñar polo seu son.
Unha vez o sabemos, borramos a cor para comprobar se acertamos.