31 mar 2020

QUEDA NA CASA: BÓTALLE A LINGUA AO VIRUS II

Olla ben ao virus e fai o mesmo ca el coa boca, beizos e língua.

PASAR A LINGUA POLO BEIZO INFERIOR VARIAS VECES
 PASAR A LINGUA POLO BEIZO SUPERIOR VARIAS VECES
LINGUA RELAXADA DENTRO DA BOCA
 BEIZO Á DEREITA
BEIZO Á ESQUERDA 
 BOCA MOI ABERTA
BEIZOS DE BICO 
 SORRISO CON DENTES
 SORRISO SEN DENTES
SORRISO COA BOCA ABERTA 
 BICO SONORO
Actividade deseñada para o traballo das praxias.

Imaxe do virus extraída de COVIBOOK: https://www.mindheart.co/descargables

Imaxe das praxias extraídas de ARASAAC: http://www.arasaac.org/

30 mar 2020

QUEDA NA CASA: FIGURAS RESPIRACIÓN

Collemos aire polo nariz e o sacamos pola boca facendo o sonido "SSSSSSS". Practicamos isto varias veces.



Miramos as figuras, decimos o seu nome e poñemos o dedo no puntiño.

Collemos aire polo nariz e o sacamos pola boca facendo o sonido "SSSSSSS" seguindo a forma das figuras.

Non podemos coller aire nada máis que unha vez (no puntiño) e o aire expirado tennos que durar ata rematar de facer a figura.

Antes de comezar podedes ver este video demostrativo:











Actividade deseñada para o aumento da capacidade respiratoria e a duración do sopro.

27 mar 2020

QUEDA NA CASA: PON ORDE

Olla a secuencia de 3 imaxes, pénsao ben, ponas en orde e conta a historia.









Actividade extraída de ARASAAC para o traballo da atención, secuencia temporal e razoamento verbal.

26 mar 2020

QUEDA NA CASA: BUSCA E ATOPA

Mira os grupos de imaxes, busca e nomea o que atopes.

ATOPA OS XOGUETES




ATOPA OS ANIMAIS



ATOPA AS COMIDAS



ATOPA AS PARTES DO CORPO




ATOPA OS TRANSPORTES



ATOPA AS FROITAS



ATOPA OS MOBLES



Actividade extraída de ARASAAC para o traballo do vocabulario e a conciencia semántica.

25 mar 2020

QUEDA NA CASA: QUE SOA?

Escoita e adiviña que vehículo soa.


Actividade deseñada para o traballo da atención e discriminación auditiva.

24 mar 2020

QUEDA NA CASA: BÓTALLE A LINGUA AO VIRUS

Olla ben ao virus e fai o mesmo ca el coa boca, beizos e língua.


BOCA SORRINTE

BOCA TRISTE
BOCA ABERTA
BOCA ABERTA, LINGUA ARRIBA DETRÁS DOS DENTES
                            BOCA ABERTA, LINGUA ABAIXO DETRÁS DOS DENTES
BOCA ENTREABERTA, LINGUA ABAIXO
BOCA ENTREABERTA, LINGUA ARRIBA
BOCA PECHADA, LINGUA ARRIBA
BOCA PECHADA, LINGUA ABAIXO

LINGUA Á DEREITA
LINGUA Á ESQUERDA
DENTES SOBRE O LABIO INFERIOR
DENTES SOBRE O LABIO SUPERIOR
INFLAR AS MEIXELAS
CHUCHAR AS MEIXELAS
VIBRAR A LINGUA (PEDORRETAS)
CHASCAR A LINGUA (RUÍDO DO CABALO)
Actividade deseñada para o traballo das praxias.

Imaxe do virus extraída de COVIBOOK: https://www.mindheart.co/descargables

Imaxe das praxias extraídas de ARASAAC: http://www.arasaac.org/