Mostrando entradas con la etiqueta MAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAR. Mostrar todas las entradas

28 may 2014

DE QUEN É?

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, razoamento e vocabulario relativo ao proxecto.


Xogamos a levar cada obxecto a quen lle pertencía e explicar a súa relación.


Se acertabamos, o vórtice collía ese obxecto pero si non era seu o rexeitaba.



19 may 2014

"POLA UNHA, MEDIA LÚA". O AUDIOVISUAL

Gustounos tanto esta canción de MAMÁ CABRA, que fixemos con ela un STOPMOTION.


Todas as aulas, no Taller de Linguaxe Oral, fixemos unha parte do proceso; ilustramos, recortamos, fotografamos, gravamos as nosas voces...


E así de bonito nos quedou!

BITS DOS 7MARES 13


13 may 2014

POLA UNHA, MEDIA LÚA

No Taller de Linguaxe Oral traballamos de novo cunha canción de MAMÁ CABRA.
Esta vez trátase de "POLA UNHA, MEDIA LÚA", un fermoso tema que nos fala dos números e do mar.



Buscamos a letra da canción no álbum, falamos do que dicía, buscamos o número da canción na carátula e escoitamos o tema.


Despois cubrimos a ficha coa información do CD.


22 abr 2014

BITS DOS 7MARES 12


QUE SOA? SONS DO MAR

Actividade SMART deseñada para o traballo da discriminación auditiva.


Detrás dun fondo de cor está escondido algo relacionado co mar que teremos que adiviñar polo seu son.


Unha vez o sabemos, borramos a cor para comprobar se acertamos.



27 mar 2014

QUE CAMBIOU?

Actividade deseñada para o traballo da atención, memoria e vocabulario específico do proxecto.




22 mar 2014

QUE SE ESCONDE?

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención e vocabulario específico do proxecto.


Detrás dunhas ventaniñas de cores atópase escondido algo relativo ao mar.


Destapando unha delas e observando o pequeno anaco que aparece, temos que averiguar que é o que se esconde.


Abrímolas todas e descubrimos se acertamos.



13 mar 2014

MARIA MANUELA

Este é o título do poema de Goria Sánchez que as nosas mulleres nos leron diante do cadro das MARISCADORAS de SEOANE, nas POÉTICAS NO MUSEO.


Despois desta visita ao Museo de Belas Artes, no Taller de Linguaxe Oral, descubrimos que MAMÁ CABRA musicou este fermoso poema.


Así que traballamos buscando a letra da canción no álbum, falamos do que dicía, buscamos o número da canción na carátula do CD e escoitamos o tema.



Para rematar buscamos no texto palabras significativas.



)

10 mar 2014

O CANGREXO REXO

Actividade SMART deseñada para o traballo das praxias bucofaciais.


Desta vez axúdanos un novo amigo, O CANGREXO REXO, que nos propón xogar cos dados e buscar o número da tirada. Premendo no número, o cangrexo móstranos unha praxia que nós imitaremos.