27 feb 2013

FRISOS

Actividade de atención e memoria na que temos que descubrir os detalles que desaparecen da imaxe orixinal.





Actividade dedicada a Patricia, Soraya e Bárbara.
Botámosvos de menos!

26 feb 2013

TRABALLANDO A LINGUAXE ORAL CUN LIBRO


Coa axuda deste libro interactivo da Editorial KÓKINOS sopramos, falamos, facemos onomatopeas, praxias, cantamos, pensamos, imaxinamos...



22 feb 2013

RITMO CON BLOQUES LÓXICOS

Empregando o pandeiro e os bloques lóxicos xogamos a ler e escribir ritmos.


Aprendendo así a discriminar o número de golpes e a súa intensidade, forte e débil.



20 feb 2013

MEMORY DE REFUGALLO

Xogo para traballar o vocabulario do proxecto, a atención e a memoria elaborado con tapóns de botellas de leite.



Temos que ir destapando de dous en dous para tentar topar as parellas de imaxes iguais recordando a súa posición.
Un xogo sinxelo de elaborar con materiais de refugallo e co que nos divertimos xuntos mentres traballamos aspectos importantes da aprendizaxe.

19 feb 2013

ANIMAIS SOPRADORES

Actividade deseñada para o traballo da respiración e o sopro na que temos que soprar segundo o fai cada animal.



Para favorecer o control da voz, da fala e da articulación é necesario respirar correctamente. Os exercicios que se realizan para visualizar ou materializar o proceso de respirar son os de sopro.


Aquí nos tedes realizando os exercicios dos animais sopradores, soltando todo o aire expirado dunha maneira continua e nunha soa vez. Así melloramos a nosa capacidade respiratoria expiratoria necesaria para a correcta fonación.


5 feb 2013

SIMÓN DI...

 
Actividade SMART deseñada para a realización de praxias na que Simón, un amigo da Prehistoria, nos axuda dicindo o que temos que facer.

 
Nesta ocasión trátase de praxias labiales.


O noso amigo Simón.