20 feb 2011

MAXIA COA BOCA

Na aula de 4 anos fixemos maxia!!!
Levantamos un anaco de papel e o sostivemos no aire sen empregar as mans.
Queredes saber o truco?
Aspirando por unha palliña como facemos ó beber.
Probádeo na casa e veredes como funciona.


10 feb 2011

"SSSSSS" FAI O ANANIÑO

Actividade realizada polos nenos e nenas da aula de 5 anos no Encerado Dixital Interactivo resultado do traballo co fonema /s/ e as cousas que pensaron e debuxaron con ese son.

O SON DO SILENCIO

Na aula de 3 anos traballamos o fonema /s/


Material empregado: "Lotos fonéticos" da Editorial CEPE

8 feb 2011

POÑENDO CARAS

Realizamos praxias buco-faciais que son movementos que axudan a exercitar e traballar os órganos que interveñen na articulación dos fonemas: boca, língua, beizos, meixelas, etc.

2 feb 2011

ANANIÑO

Os mércores ven xogar con nos o ananiño que nos axuda a  pronunciar correctamente os fonemas (sonidos das letras)

XOGAMOS COA BOCA

Cun tubo e unha pelotiña de papel exercitamos a forza do soplo