28 feb 2012

XOGOS MUSICAIS

No Taller TIC desta semana estamos traballando cuns xogos moi interesantes sobre os instrumentos musicais e a orquestra.
Aquí vos deixo os enlaces para seguir xogando e aprendendo na casa.
Premede nas imaxes e a xogar!!!!







ORQUESTRA

Continuamos coa preparación para o concerto do vindeiro venres. 
Agora toca traballar a orquestra. Para isto empregamos unha actividade SMART que nos axuda a escoitar e visualizar que instrumentos compoñen unha orquestra e como se organizan e colocan segundo as familias.


Despois formamos a nosa propia orquestra escollendo un instrumento musical, ubicándoo na súa familia e colocándonos no noso lugar dentro da orquestra. Os instrumentos de corda diante, detrás os de vento e de último os de percusión. 
Temos que atender á directora da orquestra que cunha batuta amarela manda tocar á corda, cunha vermella ao vento e cunha azul á percusión.
Que empece a función!


15 feb 2012

INSTRUMENTACIÓN

Hoxe traballamos con algúns dos instrumentos musicais que veremos e escoitaremos no concerto.
Falamos da súa forma e tamaño, escoitamos o seu son, o reproducimos mediante onomatopeas, os clasificamos por familias (metal, madeira, parche, vento...) e os tocamos facendo música.
Tamén os buscamos no cadro de instrumentación do concerto colocando un gomet nos que fomos coñecendo e tocando.

14 feb 2012

IMOS DE CONCERTO!

O venres 2 de marzo imos ao Pazo da Ópera da Coruña para asistir a un concerto didáctico a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Escoitaremos unha obra de Ravel titulada MA MERE L´OYE (MAMÁ OCA), unha peza musical baseada en 5 contos (a Bela Durminte, a Bela e a Besta, Polgariño, Feuchiña e o Xardín das Fadas).
Esta semana no Taller de Linguaxe Oral comezamos a preparar a visita.
Realizamos a audición dos 5 movementos da obra (os 5 contos nos que se inspira).
Os que máis gustaron foron a Bela e a Besta e o Xardín das Fadas.
Como non podía ser doutra maneira, hoxe, triunfou o AMOR.


8 feb 2012

STOP MOTION

No taller TIC estivemos traballando coa tecnica STOP MOTION para crear animacións mediante a toma de fotografías en secuencia.
Todo partíu dun BIBLIO BN INFORMA que se publicou no mes de novembro.
Estos son os resultados:

STOP MOTION 3 ANOS


STOP MOTION 4 ANOS


STOP MOTION 5 ANOS

6 feb 2012

PRAXIAS COS ANIMAIS DO BOSQUE

Estos días andamos a xogar cuns animais que podemos topar nos bosques.
Temos que tratar de imitalos movendo a boca, lingua, beizos, nariz, pescozo...
Así exercitemos os órganos bucofonatorios dunha maneira divertida e isto sírvenos para poder vocalizar máis e mellorar a nosa pronuncia.
Se queredes ver ou descargar a presentación de PowerPoint con animacións e voces dos nenos premede aquí.


INTERPRETACIÓN DA CANCIÓN DA PAZ

Así de ben cantamos no festival da PAZ a canción que aprendemos no Taller de Linguaxe Oral.