Aquí vos deixo unha actividade LIM que elaborei para o traballo da discriminación auditiva.O xogo consiste en recoñecer sons do bosque, tanto de fenómenos naturais, de intervención do home como de animais. Tamén se traballan palabras clave, crebacabezas e simetrías.
Para xogar a pantalla completa tedes que premer na icona da parte superior dereita, a que está o lado do altavoz.
Para pasar páxina premede na frecha. E para a avaliación dalgunhas actividades, na icona con forma de "V" que aparece na parte inferior.
Espero que vos guste.
A xogar!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario