28 sept 2013

SETEMBRO

Rematamos setembro co comezo do noso REFRANEIRO MARIÑEIRO.



A aprendizaxe e repetición de refráns, lerias, poemas, trabalinguas... reforza a atención e memoria, mentras que mellora a nosa fluidez verbal e facilita a adquisición de vocabulario.



Imaxe do refrán extraída do AQUARIUM FINISTERRAE.

25 sept 2013

SURCANDO O MAR NUNHA GAMELA

Circuito de sopro elaborado aproveitando a gamela que empregamos para a realización do VIDEOCLIP "CANTOS RODADOS" , un anaco de cartón e unhas bolsas de plástico.



Fixemos avanzar a gamela entre as ondas grazas ao control e direccionalidade do noso sopro.


22 sept 2013

CANTOS RODADOS

Esta semana, no Taller de Linguaxe Oral, completamos a andaina iniciada arredor do poema de Antonio García Teijeiro que nos regalou a biblioBN, "CANTOS RODADOS".
Centrámonos no traballo deste fermoso tema musicado polo grupo de música infantil MAMÁ CABRA.




13 sept 2013

BITS DOS 7MARES 1

Neste curso seguimos a traballar o vocabulario do proxecto mediante bits, os BITS DOS 7 MARES.




5 sept 2013