Mostrando entradas con la etiqueta ESCORNABOT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESCORNABOT. Mostrar todas las entradas

14 feb 2019

NOVO PANEL DE FORMAS PARA O ESCORNABOT

Esta semana no fedelleiro xogamos co Escornabot e un novo panel desmontable de formas que o podemos montar cada vez dunha maneira distinta.



Neste xogo temos que asociar cada tarxeta de imaxes reais á forma que ten cada unha e levar alí o Escornabot.








3 dic 2018

CONCIENCIA FONOLÓXICA CO ESCORNABOT

Hoxe no Fedelleiro traballamos a Conciencia Fonolóxica coa axuda do Escornabot e un dado coas vogais impreso en 3D.





Tiramos o dado, identificamos a vogal, buscamos o debuxo do panel que comeza por ela e alí temos que mandar ao Escornabot, con coidado de non pasar pola casiña prohibida!



19 nov 2018

CIRCUÍTOS PARA O ESCORNABOT

Este luns no Fedelleiro o alumnado de A.L. construíu circuítos para o Escornabot con distintos materiais. Despois mediante estimacións dos avances os percorreron.










12 nov 2018

MAGOSTO CO ESCORNABOT

Comezamos a Semana do Magosto no Fedelleiro cun xogo para o traballo da discriminación visual, atención, vocabulario e razoamento verbal onde temos que atopar, nomear e levar o Escornabot ás imaxes relacionadas co Magosto.



Unha vez chegamos co Escornabot temos que explicar por qué están relacionadas con esta celebración.





30 oct 2018

SAMAÍN CO ESCORNABOT

No Samaín, na Aula de A.L., é de obriga xogar co panel dos sons de medo do Escornabot.



Así que alá fomos ao Fedelleiro a xogar cos nosos medos.


Comezamos na casiña de saída localizando o Código QR co número 1. Levamos alí o Escornabot e o chegar escaneamos o QR co IPAD.



O QR levaranos a un video que reproducirá un son de medo. Buscamos a imaxe correspondente a ese son e levamos alí o Escornabot.




Buscamos o seguinte número e repetimos o proceso ata percorrelos todos.



Para rematar a  terrorífica sesión escoitamos atentamente a canción da Bruxa Maruxa de María Fumaça.




Medos fóra!!!

21 jun 2017

FEDELLANDO NA BIBLIOBN

Na Aula de A.L. seguimos a traballar coas ferramentas do Recuncho Fedelleiro da biblioBN




Desta vez construímos circuítos para o Escornabot coas pezas GIGI.




Empregamos conceptos numéricos, espaciais, estimacións, pensamento lóxico, razoamento, traballo cooperativo...e o mellor de todo, xogando!!!

15 may 2017

SUMAS CO ESCORNABOT

Na Aula de A.L. seguimos xogando e aprendendo co Escornabot
Desta vez axudounos a practicar a suma.


Sobre a recta numérica soamente tiñamos que darlle ao escornabot para diante o número de veces que nos indicaba a suma.


Ao avanzar ese número de casiñas o Escornabot nos levaba ao resultado.


Que divertidas resultáronnos as sumas!

2 nov 2016

O ESCORNABOT NO SAMAÍN

Na Aula de A.L. festexamos o Samaín cunha actividade de discriminación auditiva co ESCORNABOT.


Comezamos na casiña de saída localizando o Código QR co número 1. Levamos a el o Escornabot e o chegar escaneamos o QR co IPAD.


O QR levaranos a un video que reproducirá un son de medo. Buscamos a imaxe correspondente a ese son e levamos alí o Escornabot.


Buscamos o seguinte número e repetimos o proceso ata percorrelos todos.



Os Códigos QR do panel de xogo foron elaborados con UNITAG.



24 oct 2016

ESCORNAXOGO

Xogo elaborado polo alumnado que asiste á Aula de A.L. empregando a App "TinyTap".




Tamén podedes xogar nun dispositivo móbil instalando a App e buscando no menú a palabra ESCORNAXOGO.



14 oct 2016

CROCODILO

Na Aula de A.L. tamén empregamos o ESCORNABOT para dinamizar contos.




Desta vez tocoulle a CROCODILO da Ed. Kalandraka, que sempre foi un éxito nesta aula.



Despois da lectura do conto imos sacando as tarxetas das cores na orde na que aparecen. 
Poñémoslle a tarxeta da cor ao escornabot, que terá que levala á ilustración coa que se fai a rima, tal como escoitamos no conto:
Verde - O crocodilo que se perde
Azul - Baúl
Amarelo - Castelo
Negra- Pedra
Morado - Tellado
Laranxa - Granxa
Vermelliño - Piolliño

Comezamos na casiña da portada e rematamos na contraportada.




Panel de xogo


Tarxetas das cores elaboradas con pictos ARASAAC