Actividade deseñada para o traballo da percepción visual, da atención e do razoamento.
Detrás da cortina escóndense imaxes da prehistoria traballadas nos BITS. Abrimos a cortina pouco a pouco e temos que descubrir polo anaquiño que se ve de que imaxe se trata.
Actividade deseñada para o traballo da discriminación e conciencia fonética e fonolóxica.
Na caverna deste clan soamente poden entrar as palabras que conteñan un fonema determinado. Así que temos que fixarnos ben nelas para escoller as que nos valen.
Actividade deseñada para o traballo da percepción visual, da atención e do vocabulario do proxecto.
Comezamos por realizar a actividade en grupo no EDI poñendo en práctica unha atención conxunta, pasando despois a realizala dunha maneira individual na ficha empregando unha atención máis centrada.