25 abr 2013

SECUENCIAS TEMPORAIS

Xogando con secuencias temporais traballamos a atención, o razoamento, a organización e estructuración do pensamento e a linguaxe e a expresión verbal.



Observamos, pensamos, razoamos, ordenamos e por último explicamos a orde das imaxes.

SIMÓN DI...

Volveu Simón a xogar con nós.


Desta vez propúxonos traballar con praxias linguais.

17 abr 2013

QUE SOBRA?



Actividade deseñada para o traballo da percepción visual, atención, razoamento e vocabulario do proxecto.

15 abr 2013

SOPRA NESTE FURADIÑO

Coa axuda deste conto en verso de Antón Cortizas e Leandro Lamas traballamos o sopro.

 
Acercando a boca ó furado e soprando todo vólvese branco; se o soprido é poderoso, fáise voar un elefante....
 
 
Para poder soprar todos xuntos durante a lectura do conto, fixemos cada un o noso furadiño nunha copia da portada, na que localizamos o título, o autor e o ilustrador.
 
 

10 abr 2013

ATOPA OS DETALLES

Actividade deseñada para o traballo da percepción visual, da atención e do vocabulario do proxecto.


Comezamos por realizar a actividade en grupo no EDI poñendo en práctica unha atención conxunta, pasando despois a realizala dunha maneira individual na ficha empregando unha atención máis centrada.

6 abr 2013

DISCRIMINACIÓN FONÉTICA E FONOLÓXICA

Co Ananiño traballamos a discriminación e pronuncia dos sons do idioma, xa sexa illados ou ben dentro das palabras.
Empregando o material de Inés Bustos Sánchez editado por CEPE xogamos coa fonética e a fonoloxía.


Nesta ocasión buscamos palabras cunha mesma estructura vogálica.