Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas

14 nov 2018

MEMORY DO MAGOSTO

Xogo para traballar a discriminación visual, a atención e a memoria visual elaborado con tapóns de botellas de leite.



Imprimimos a plantilla das castañas nunha cartolina e recortamos. Colocamos as castañas no fondo dos tapóns, unha no verde e a outra parella no vermello. Dámoslle a volta e a xogar!!!




Comezamos por identificar as que son iguais e formamos parellas con elas. Cando xa somos capaces de formar parellas de iguais xogamos ao Memory para así traballar tamén a memoria.



Coa axuda da clave de cor, temos que ir destapando de dous en dous para tentar atopar as parellas de castañas iguais recordando a súa posición.



12 nov 2018

MAGOSTO CO ESCORNABOT

Comezamos a Semana do Magosto no Fedelleiro cun xogo para o traballo da discriminación visual, atención, vocabulario e razoamento verbal onde temos que atopar, nomear e levar o Escornabot ás imaxes relacionadas co Magosto.



Unha vez chegamos co Escornabot temos que explicar por qué están relacionadas con esta celebración.





21 nov 2015

PRAXIAS DO MAGOSTO

Coa axuda dunha CASTAÑA realizamos exercicios cos órganos bucofonatorios que nos axudan a mellorar a vocalización e pronuncia.


Poñémoslle unha boca á CASTAÑA e a imitamos colocando os beizos, lingua, dentes e meixelas coma ela.




15 nov 2014

TOMA CASTAÑA

Na semana do Magosto, no Taller de Linguaxe Oral, traballamos a motricidade e tonicidade bucofacial con castañas.


Coa axuda dunha culler levamos, sen mans, a castaña a un compañeiro/a.


Non podemos tocar a culler e non se pode caer a castaña!


Toma castaña!


11 nov 2013

POLO SAN MARTIÑO...

Xogo de sopro para o magosto.


Imprimimos a plantilla das castañas nunha cartolina, pintamos e recortamos.
Dobramos o rectángulo que serve de base.
Poñémolas de pé e agora só falta empezar a xogar!
Sopramos moi forte e intentamos tirar o maior número de castañas para o noso particular magosto.

 
Mirade que ben o facemos!
 

16 nov 2012

KAMISHIBAI


Para a celebración do Magosto, durante esta semana, estivemos elaborando e preparando no Taller de Linguaxe Oral de 5 anos o conto da CASTAÑEIRA para o Kamishibai.
Os textos os sacamos da actividade LIM que traballamos no Taller Tic e as ilustracións son obra dos nenos e nenas da aula de 5 anos.
Se queredes ver que ben o fixemos podedes ver o vídeo no blog da BiblioBN ou pulsando aquí.

12 nov 2012

PRAXIAS DO MAGOSTO

 

Praxias son os exercicios e movementos dos órganos bucofaciais (beizos, lingua, meixelas e mandíbula) que favorecen unha mellor pronuncia e vocalización.
Esta vez nos axudaron unhas divertidas castañas que nos indicaban os movementos a facer.
Como o xoves na festa do Magosto do cole comeremos moitas castañas asadas, que mellor que mover ben a boca e tela adestrada para darlles bos bocados!