22 sept 2011

CALAMITO

Na aula de 4 anos xogamos co libro despregable ¿UN CARACOL? da Editorial Edelvives na que uns animais vanse transformando noutros ata chegar ó camaleón Calamito a quen lle cantamos unha canción.
O camaleón pareceunos un animal interesante. Ten unha língua moooooi longa coa que atrapa as moscas para comelas.
Nos probamos como sería iso transformándonos en camaleóns e practicando coa nosa língua a atrapar as moscas que se nos pousaban pola cara; no naris, no queixo, na meixela dereita, na esquerda...
Pillámolas todas!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario