Mira os seguintes animais. Dí o seu nome. Colle o aire polo nariz e solta todo o aire expirado como cada animal dunha maneira continua e nunha soa vez.
Agora temos que levar cada animal a súa casa soprando. Collemos aire nada máis que unha vez (no animal) e o soltamos da maneira de cada animal.
O aire expirado tennos que durar ata chegar a súa casa.
Antes de comezar podedes ver este video demostrativo:
Actividade deseñada para o traballo da respiración e o sopro e así mellorar a nosa capacidade expiratoria necesaria para a correcta fonación.
Collemos aire polo nariz e o sacamos pola boca facendo o sonido "SSSSSSS". Practicamos isto varias veces.
Miramos as figuras, decimos o seu nome e poñemos o dedo no puntiño.
Collemos aire polo nariz e o sacamos pola boca facendo o sonido "SSSSSSS" seguindo a forma das figuras. Non podemos coller aire nada máis que unha vez (no puntiño) e o aire expirado tennos que durar ata rematar de facer a figura.
Antes de comezar podedes ver este video demostrativo:
Actividade deseñada para o aumento da capacidade respiratoria e a duración do sopro.
Como todos os cursos, na aula de 3 anos, traballamos a maneira correcta de limpar o nariz.
A hixiene nasal é necesaria para ter unha boa respiración e para previr problemas na gorxa, oídos e cordas vocais.
Despois de soarnos, comprobamos se o nariz quedou limpa coa axuda dun pequeno espello. O colocamos baixo o nariz e espiramos suavemente, co aire que sae o espello embázase.
Desta maneira vivenciamos a espiración nasal, necesaria para aprender a soar os mocos autonomamente.