14 dic 2014

PARELLAS DO NADAL

Actividade SMART deseñada para o traballo do razoamento verbal e do vocabulario do Nadal.


Xogamos cunhas "bolas tolas" a adiviñar cousas típicas do Nadal e a compoñer os seus nomes.


Tamén tivemos que pensar que dúas imaxes facían parella e explicar o por qué.


Gústanos o Nadal!!!


Nesta actividade empregáronse pictogramas ARASAAC.


28 nov 2014

XOGAMOS COS OFICIOS

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, razoamento verbal e vocabulario específico do proxecto.



Xogamos a seleccionar, entre unha serie de obxectos, os propios de cada oficio.


Nesta actividade empregáronse pictogramas ARASAAC.


21 nov 2014

VISITA DO ANANIÑO

Esta semana recibimos a visita do ANANIÑO no Taller de Linguaxe Oral, co que traballamos a discriminación e pronuncia dos sons do idioma, xa sexa illados ou ben dentro das palabras.


Na aula de 5 anos trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, co que traballamos coa sílaba tónica en palabras bisílabas.



15 nov 2014

TOMA CASTAÑA

Na semana do Magosto, no Taller de Linguaxe Oral, traballamos a motricidade e tonicidade bucofacial con castañas.


Coa axuda dunha culler levamos, sen mans, a castaña a un compañeiro/a.


Non podemos tocar a culler e non se pode caer a castaña!


Toma castaña!


11 nov 2014

XOGO DOS NOMES

Actividade LIM de elaboración propia deseñada para traballar e xogar cos nomes na aula de 3 anos.

7 nov 2014

QUE SOA? VEHÍCULOS

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención e discriminación auditiva.


 Detrás dun fondo de cor está escondido un vehículo que teremos que adiviñar polo seu son.



 Unha vez o sabemos, borramos a cor para comprobar se acertamos.



20 oct 2014

OLLO ÓS SINAIS!

Actividade SMART deseñada para o traballo das praxias e motricidade orofacial.




A realización de praxias incide no ton e movemento dos beizos, língua, mandíbula, meixelas... e polo tanto, mellora a nosa vocalización, articulación e pronuncia.

2 oct 2014

ATOPA O DISPARATE



Actividade deseñada para o traballo da atención, vocabulario específico do proxecto, razoamento e expresión oral.





25 sept 2014

ESCENA SONORA

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención e discriminación auditiva.


Premendo en cada altofalante escoitamos un son que temos que identificar e localizar na escena sonora dunha rúa.




4 sept 2014

101 NOMES


Axiña comeza a nosa andaina polas rúas de Pastoriza.

Poñede atención!



Proxecto curso 2014-15:

101 NOMES

11 jun 2014

UN CONTO PARA ATENDER

Hoxe traballamos a atención cun conto, "VAMOS A BAILAR" de EDELVIVES.






Neste divertido conto debemos observar moito xa que temos que atopar todo o que nos di.



9 jun 2014

BITS DOS 7MARES 14


PALABRAS QUE RIMAN

O ANANIÑO trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB.
Un xogo con palabras, palabras que riman.


Con esta actividade traballamos a discriminación fonética e fonolóxica identificando as palabras que rematan cos mesmos sons.



2 jun 2014

MEMORIA AUDITIVA

Actividade SMART deseñada para o traballo da discriminación e memoria auditiva.


Ao premer un botón no EDI, reproducíanse unha serie de sons. 


Despois tiñamos que recordar a orde na que os escoitamos.


28 may 2014

DE QUEN É?

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, razoamento e vocabulario relativo ao proxecto.


Xogamos a levar cada obxecto a quen lle pertencía e explicar a súa relación.


Se acertabamos, o vórtice collía ese obxecto pero si non era seu o rexeitaba.



25 may 2014

PALABRAS CON ERRE

Este venres o ANANIÑO trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB.


Un xogo con palabras con ERRE, onde tiñamos que contar as súas sílabas e marcar a sílaba que contiña o fonema "RR".


Con esta actividade traballamos a articulación e pronuncia e a conciencia fonolóxica e silábica, aspectos necesarios para solucionar ou previr dificultades de fala e de lectoescritura.


Actividade elaborada con pictogramas ARASAAC.