29 oct 2011

XOGO DISCRIMINACIÓN AUDITIVA

Aquí vos deixo unha actividade LIM que elaborei para o traballo da discriminación auditiva.O xogo consiste en recoñecer sons do bosque, tanto de fenómenos naturais, de intervención do home como de animais. Tamén se traballan palabras clave, crebacabezas e simetrías.
Para xogar a pantalla completa tedes que premer na icona da parte superior dereita, a que está o lado do altavoz.
Para pasar páxina premede na frecha. E para a avaliación dalgunhas actividades, na icona con forma de "V" que aparece na parte inferior.
Espero que vos guste.
A xogar!!!!

27 oct 2011

SONS DO SAMAIN

No Taller de Linguaxe Oral para festexar o Samaín elaboramos un libro-xogo co que traballamos e xogamos cos nomes e onomatopeas dalgúns personaxes de terror.
Pasámolo de medo!


5 oct 2011

MOSCAS

Fixemos unhas moscas para xogar con calamito o camaleon.
As pegamos nuns depresores que nos valen para axudar á língua a moverse.