18 jun 2013

QUE VES?

Actividade deseñada para o traballo da percepción visual, da atención e do razoamento.


Detrás da cortina escóndense imaxes da prehistoria traballadas nos BITS.
Abrimos a cortina pouco a pouco e temos que descubrir polo anaquiño que se ve de que imaxe se trata.

17 jun 2013

SONS DA PREHISTORIA: A MÚSICA

Actividade LIM de elaboración propia deseñada para o traballo da discriminación auditiva e do vocabulario do proxecto.


9 jun 2013

A CAVERNA DO CLAN DO...

Actividade deseñada para o traballo da discriminación e conciencia fonética e fonolóxica.


Na caverna deste clan soamente poden entrar as palabras que conteñan un fonema determinado. Así que temos que fixarnos ben nelas para escoller as que nos valen.