20 dic 2018

SIETE RATONES CIEGOS


Fantástico conto da selección de DIVERSIDADE incluído na Guía Sementes de Capacidade co que na Aula de A.L. traballamos vocabulario, números, conteo, números ordinais, cores e días da semana.






16 dic 2018

CADA MOUCHO AO SEU SOUTO

Con este crebacabezas de asociación lóxica para levar cada animal ao seu hábitat traballamos vocabulario e razoamento verbal.





11 dic 2018

DON RAMÓN


Precioso conto da selección de DIVERSIDADE co que na Aula de A.L. traballamos vocabulario, conceptos básicos, comprensión das frases negativas, razoamento verbal e esquema corporal.









10 dic 2018

CONCEPTOS BÁSICOS 2

Novo xogo elaborado na Aula de A.L. co "Tiny tap" para o traballo dos conceptos básicos e da comprensión de frases negativas.



Para xogar nun dispositivo móbil podedes descargar "TinyTap" en:



5 dic 2018

POLO CAMIÑO


Marabilloso conto en rima con preciosas ilustracións que na Aula de A.L. empregamos para o traballo dos números, adquisición de vocabulario (animais) e onomatopeas.







3 dic 2018

CONCIENCIA FONOLÓXICA CO ESCORNABOT

Hoxe no Fedelleiro traballamos a Conciencia Fonolóxica coa axuda do Escornabot e un dado coas vogais impreso en 3D.





Tiramos o dado, identificamos a vogal, buscamos o debuxo do panel que comeza por ela e alí temos que mandar ao Escornabot, con coidado de non pasar pola casiña prohibida!