30 ene 2013

DICINDO PAZlabras

Velaquí a sorpresa PAZífica que estivemos preparando no Taller TIC e no Taller de Linguaxe Oral a partires dunha proposta da biblioBN ás familias, que axiña responderon.
Un audiovisual resultado do traballo dos nenos coa cámara fotográfica e co programa de gravación de voz, Audacity.

Feliz Día da Paz!


24 ene 2013

PEDRO PICAPIEDRA DICE ASÍ...

Esta semana Icía e Emma da aula de 5 anos nos ensinaron un xogo moi divertido cun "recitado prehistórico" para botar as sortes.


Formando unha roda rifamos co recitado mentres imos tocando os pés dos nosos compañeiros. A quen lle toque ten que adiantar un pé. Se xa ten un dos pés adiantados e lle toca no outro queda eliminado, ten que ir fóra da roda e colocarse dalgunha maneira na que os pés non toquen o chan.
Cando quede só un neno na roda, este ten que ir pillar aos demáis.


Aprendendo e repetindo recitados diversos melloramos a nosa atención, memoria, vocalización e fluidez verbal.



Moitas grazas ICIA e EMMA!
Pasámolo bomba!

23 ene 2013

GRAVANDO PAZLABRAS

Coa axuda do programa AUDACITY e un micrófono nos gravamos uns aos outros dicindo as nosas PAZlabras.


21 ene 2013

FIGURAS RESPIRACIÓN



Actividade deseñada para o aumento da capacidade respiratoria e a duración do sopro.


Despois dunha profunda inspiración expulsamos ruidosamente todo o aire pola boca facendo o sonido "SSSSSSS" seguindo a forma das figuras.
Non podemos coller aire nada máis que unha vez (no puntiño) e o aire expirado tennos que durar ata rematar de facer a figura.
 

20 ene 2013

TONICIDADE DA BOCA

O correcto ton muscular dos órganos que interveñen na fonación é necesario para a vocalización e articulación dos fonemas.
Mediante este xogo, no que empregamos unha culler plástica e unha pelota de ping-pong, traballamos a forza dos beizos e meixelas para soster ben recta a culler e impedir así que caia a pelota.