16 dic 2012

PRAXIAS DO NADAL

Esta vez nos axuda cos exercicios da boca e da lingua nada menos que...PAPÁ NOEL!




 

13 dic 2012

QUE VES?

Xogo SMART deseñado para o traballo da percepción visual, atención e vocabulario do proxecto.
A cortina, que xa empregaramos nun xogo de memoria, oculta unha imaxe que iremos destapando a pouquiños e tentando averiguar, polas partes que vamos vendo, o todo.



Entendimos que temos que ser moi observadores xa que as cousas, ás veces, non son o que parecen.
  

5 dic 2012

CAZANDO MAMUTS

Xogo de sopro onde temos que levar ao cavernícola ata o mamut para cazalo e conseguir o xantar para o seu clan.


 

Demostramos ser uns expertos cazadores paleolíticos!
 

2 dic 2012

PINTURAS RUPES-TICS

No Taller Tic estivemos emulando aos homes e mulleres prehistóricos.
Se queres saber como o fixemos preme na imaxe ou consulta o blog de TICS.

30 nov 2012

O CONTO DE PEDRO

Continuando co seu traballo do Prácticum, BÁRBARA, PATRICIA e SORAYA nos contaron un conto moi especial. Tiñamos que estar moi atentos e facer unha resposta corporal ante determinadas palabras que aparecían ao longo do conto.


Divertímonos moito!


Grazas de novo chicas!

28 nov 2012

FRISOS

Actividade deseñada por BÁRBARA, PATRICIA e SORAYA, estudantes de Ciencias da Educación de prácticas no noso centro, para o traballo da atención e memoria.
Despois do visionado e descrición dunha lámina temos que descubrir que partes da mesma van desaparecendo.


Unha actividade moi interesante e divertida!


Grazas chicas por ensinarnos tantas cousas!

23 nov 2012

TEATRO DE SOMBRAS

Moitas grazas a Iván de 5 anos por axudarme na representación do conto "CINCO" da Editorial Kalandraka nun teatro de sombras.
Se queredes ver o video facede clic na imaxe ou entrade no blog da biblioBN.

18 nov 2012

SONS DA PREHISTORIA: ANIMAIS

Actividade LIM de elaboración propia deseñada para o traballo da discriminación auditiva e do vocabulario do proxecto.
 

16 nov 2012

KAMISHIBAI


Para a celebración do Magosto, durante esta semana, estivemos elaborando e preparando no Taller de Linguaxe Oral de 5 anos o conto da CASTAÑEIRA para o Kamishibai.
Os textos os sacamos da actividade LIM que traballamos no Taller Tic e as ilustracións son obra dos nenos e nenas da aula de 5 anos.
Se queredes ver que ben o fixemos podedes ver o vídeo no blog da BiblioBN ou pulsando aquí.

12 nov 2012

PRAXIAS DO MAGOSTO

 

Praxias son os exercicios e movementos dos órganos bucofaciais (beizos, lingua, meixelas e mandíbula) que favorecen unha mellor pronuncia e vocalización.
Esta vez nos axudaron unhas divertidas castañas que nos indicaban os movementos a facer.
Como o xoves na festa do Magosto do cole comeremos moitas castañas asadas, que mellor que mover ben a boca e tela adestrada para darlles bos bocados!

5 nov 2012

SONS DO SAMAÍN


Actividade SMART deseñada para o EDI onde se traballa a discriminación auditiva e o vocabulario do Samaín.
Pulsando as cabazas escoitamos un son terrorífico e temos que adiviñar que o fai. Despois borramos a tinta negra que o cobre e descubrimos se acertamos.

31 oct 2012

APRENDEMOS A RESPIRAR



Actividade deseñada para o traballo da correcta respiración (nasal e costoabdominal).
Comezamos a actividade tomando conciencia da importancia dunha correcta respiración nasal para non coller catarros, para coidar a voz, para non estar cansos...
Para poder coller ben o aire o nariz debe estar moi limpo, así que convén sonalo e saber facelo adecuadamente nós sós.
Cando collemos o aire polo nariz a nosa barriga débese inflar como un globo, e o soltalo desinflarse.
Por último, estamos atentos ás imaxes e facemos o circuto de respiración.



24 oct 2012

TRABALLANDO A MEMORIA

Xogo para o EDI deseñado para o traballo da percepción, atención, memoria e vocabulario.
Se presentan secuencias de 2 e 3 imaxes que temos que nomear e memorizar xa que quedarán tapadas tras unha cortina.
Despois temos que tentar recordalas, ir abrindo a cortina e comprobar se acertamos.


23 oct 2012

17 oct 2012

O CABALO DE CROMI


Esta semana estivemos traballando a linguaxe oral coa axuda dun dos personaxes do CONTO PARA FALAR de CROMI, o seu cabalo.
Falamos da pintura rupestre, das partes do cabalo, das cores... fixemos o son do andar do cabalo coas nosas línguas a diferentes ritmos...e aprendemos unha canción na que temos que facer uns sons e uns movementos coa língua e os pés.





13 oct 2012

BLA, BLA, BLA

Interesante artículo sobre o desenvolvemento da linguaxe na etapa da Educación Infantil, publicado o 27 de abril do 2011 en La Voz de la Escuela.

3 oct 2012

AS 5 DIFERENCIAS



Actividade de atención na que temos que atopar as 5 diferencias existentes entre as dúas imaxes, verbalizar e explicar as diferencias e por último representalas gráficamente.





1 oct 2012

CONTOS PARA FALAR: CROMI


Este conto está dirixido á realización de praxias bucofaciais dunha maneira lúdica, ao traballo do ritmo, discriminación auditiva, soplo, respiración, vocabulario, linguaxe comprensiva e expresiva.
Xunto coa narración do conto aparecen, entre paréntese, os exercicios de estimulación da linguaxe oral (praxias, ritmo, respiración, dicriminación auditiva...) que se irán realizando ao longo da narración.
Ao final realízanse preguntas referentes á historia contada e personaxes da mesma, para desenvolver a linguaxe comprensiva e expresiva.



27 sept 2012

ATOPA O INTRUSO


 
Actividade deseñada para o traballo da percepción, atención, vocabulario, campos semánticos, razoamento e expresión verbal.





25 sept 2012

VOCABULARIO PREHISTÓRICO

Cada novo proxecto trae consigo novo vocabulario.
No proxecto deste curso traballaremos este vocabulario específico mediante BITS, baterías de imaxes e palabras que visionamos e escoitamos atentamente tódolos días ao comezo do Taller de Linguaxe Oral.





 

24 sept 2012

CANCIÓN DA ASAMBLEA

Antes de comezar os xogos do Taller de Linguaxe Oral sentamos en asamblea e cantamos unha canción para centrar a atención e incitar á relaxación e escoita.

 
Neste curso empregamos unha canción moi primitiva chamada SOMOS CROMAÑONES.







11 sept 2012

COMEZAMOS...

...un novo curso, unha nova viaxe, unha nova aventura!!!
Esta vez imos á Prehistoria...menuda historia!
Nos acompañas?
Imos aló!

21 jun 2012

OLLADAS

Xa revelamos as fotos que sacamos coa cámara analóxica. Son o resultado do traballo coa fotografía que fixemos neste curso no Taller TIC.



As recompilamos nun albume, O ANUARIO DE OLLADAS, que quedará na Biblio BN á vosa disposición.


Olladas de nenos e de nenas, olladas dos seus lugares preferidos, olladas dos seus momentos especiais, olladas do cole, olladas da súa vida, olladas dos seus moradores...
Ollade, ollade...

14 jun 2012

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

ESCOITA AS DA AULA DE 3 ANOS




ESCOITA AS DA AULA DE 4 ANOS

 

ESCOITA AS DA AULA DE 5 ANOS
        

11 jun 2012

ADIVIÑAS

Estos días estamos a elaborar un libriño de adiviñas.


Aprendendo e repetindo adiviñas potenciamos a nosa atención, imaxinación, vocabulario, capacidade de escoita, comprensión oral, razoamento, memoria, ritmo, entonación e fluidez verbal.


En canto o rematemos o levaremos para casa para xogar a adiviñar coas nosas familias.

6 jun 2012

VEXO, VEXO...

Estos días andivemos xogando ao xogo do vexo, vexo cunhas tarxetiñas de cousas das fragas.
Mediante preguntas como "de que color é?", "por que letra empeza?", "é animal ou vexetal?", "é mamífero, ave ou insecto?, "é grande ou pequeno?", "crece nas árbores?... tiñamos que tentar adiviñar o que había na tarxeta.


Traballamos a linguaxe oral, o turno de palabra, a escoita, a atención, a memoria, os conceptos e vocabulario do proxecto, o razoamento... a ademáis pasámolo moi ben xogando!