30 nov 2018

ESTREA DA "I ENCURTA DIVERSA"

Hoxe estreamos na biblioBN a CURTA realizada polo alumnado da Aula de A.L. nalgunhas das súas sesións no Fedelleiro.


As sementes empregadas son impresións 3D deseñadas polo alumnado de A.L. nun papel, pasadas ao SELVA e redimensionadas no CURA.





Un gran aplauso para @s artist@s!!!


De agasallo para todo o alumnado pequenas sementes 3D co código QR da "I enCURTA Diversa".


26 nov 2018

COMPOÑENDO

Desta vez, no Espazo Fedelleiro, xogamos a compoñer as nosas iniciais, números de lista e formas coas pezas magnéticas.


Buscamos na folla de modelos e intentamos reproducir empregando as mesmas pezas e cores.









23 nov 2018

19 nov 2018

CIRCUÍTOS PARA O ESCORNABOT

Este luns no Fedelleiro o alumnado de A.L. construíu circuítos para o Escornabot con distintos materiais. Despois mediante estimacións dos avances os percorreron.










14 nov 2018

MEMORY DO MAGOSTO

Xogo para traballar a discriminación visual, a atención e a memoria visual elaborado con tapóns de botellas de leite.



Imprimimos a plantilla das castañas nunha cartolina e recortamos. Colocamos as castañas no fondo dos tapóns, unha no verde e a outra parella no vermello. Dámoslle a volta e a xogar!!!




Comezamos por identificar as que son iguais e formamos parellas con elas. Cando xa somos capaces de formar parellas de iguais xogamos ao Memory para así traballar tamén a memoria.



Coa axuda da clave de cor, temos que ir destapando de dous en dous para tentar atopar as parellas de castañas iguais recordando a súa posición.



12 nov 2018

MAGOSTO CO ESCORNABOT

Comezamos a Semana do Magosto no Fedelleiro cun xogo para o traballo da discriminación visual, atención, vocabulario e razoamento verbal onde temos que atopar, nomear e levar o Escornabot ás imaxes relacionadas co Magosto.



Unha vez chegamos co Escornabot temos que explicar por qué están relacionadas con esta celebración.





8 nov 2018

NOVA ADQUISICIÓN PARA A AULA DE A.L.

Grazas ao Proxecto Arteixo Innovación acabamos de adquirir un Monitor táctil  para a Aula de A.L. que será empregado para a atención á diversidade.










6 nov 2018

PREPARANDO A "I ENCURTA DIVERSA"

Este luns o alumnado de A.L. recluíuse no Espazo Fedelleiro para a rodaxe dunha produción audiovisual para un Venres de EnCURTAS.


Unha vez preparamos o material (bolsa de papel para o fondo, cortizas, unha semente moi especial impresa en 3D a partires dun debuxo seu, os seus dedos, as súas mans, pintura, trípode, IPAD e foco) , comezamos a rodaxe colaborativa co programa STOPMOTION STUDIO PRO.


O resultado verémolo en poucos días, inaugurando así as "EnCURTAS Diversas".