30 abr 2012

O BOSQUE DAS ACTIVIDADES

Outra proposta do Taller Tic. Un variado bosque de xogos e actividades de aprendizaxe.
Premede na imaxe e a xogar!

28 abr 2012

A ÁRBORE DOS FONEMAS

Neste trimestre o ananiño tróuxonos un novo xogo para traballar a articulación e pronunciación dos fonemas (sons das letras), a discriminación auditiva dos mesmos e a conciencia fonolóxica.


Trátase da Árbore dos Fonemas que agora na primavera lle medran follas cun fonema determinado. Nós lle axudamos topando a súas follas, para iso témonos que fixar moito xa que só valen as que levan ese son.


26 abr 2012

O ESQUÍO

Nesta semana no Taller de Linguaxe Oral e no de TIC traballamos nun audiovisual do poema do esquío para o que empregamos o Encerado Dixital Interactivo.
Os nenos e nenas da aula de 5 anos encargáronse de facer os debuxos e movementos co SMART, os de 4 anos gravaron as súas voces no AUDACITY e eu unín todo este traballo cun programa de edición de video.
Este é o fantástico resultado!

25 abr 2012

POEMA EN MOVEMENTO

Aprendendo e recitando poemas melloramos a pronuncia, a fluidez da fala, a atención, a memoria, o ritmo... e se ademais lle engadimos movemento entón divertímonos o dobre!

18 abr 2012

PETO E ESQUÍO


Estos días andivemos facendo carreiras con dous amigos das fragas que tentaban chegar de primeiros ao burato dun tronco para ver quen facía nel a súa casa.
A competición estivo moi interesante, anotamos os tantos de cada un e definitivamente o máis rápido foi... o peto!

11 abr 2012

O BOSQUE DE ARA E BELBO

Dende o Taller TIC vos invitamos a viaxar ó bosque de Ara e Belbo dous trasnos cos que podedes xogar a un lote de cousas.
Se queredes coñecer o seu bosque cheo de aventuras premede na imaxe.

10 abr 2012

VOLTAMOS!

Comezamos o último trimestre movendo a língua e activando o oído coa axuda destos videos tan divertidos.