30 oct 2018

SAMAÍN CO ESCORNABOT

No Samaín, na Aula de A.L., é de obriga xogar co panel dos sons de medo do Escornabot.



Así que alá fomos ao Fedelleiro a xogar cos nosos medos.


Comezamos na casiña de saída localizando o Código QR co número 1. Levamos alí o Escornabot e o chegar escaneamos o QR co IPAD.



O QR levaranos a un video que reproducirá un son de medo. Buscamos a imaxe correspondente a ese son e levamos alí o Escornabot.




Buscamos o seguinte número e repetimos o proceso ata percorrelos todos.



Para rematar a  terrorífica sesión escoitamos atentamente a canción da Bruxa Maruxa de María Fumaça.




Medos fóra!!!

24 oct 2018

TRAZO NA MESA DE LUZ

Coa axuda da mesa de luz, sal, un contenedor adaptado, círculos translúcidos de cores e letras manipulables de cartón, practicamos o trazo de números e letras.




15 oct 2018

XOGANDO COAS FORMAS CON VOLUME

Este luns, no Fedelleiro, tocoulle o turno ao traballo das formas con volume. 



Co xogo "MENTAL BLOX" reproducimos colaborativamente estructuras que se nos mostran nunhas tarxetas.


Empregamos a lóxica para a resolución de problemas á vez que nos familiarizamos coas esferas, cubos e pirámides.


Unha vez reproducida a estructura, como reto, tentamos facer coas figuras empregadas unha torre.



9 oct 2018

FORMAS E CORES

Este luns no Fedelleiro o alumnado de A.L. empregamos material manipulativo para o traballo da atención, discriminación e interiorización de formas e cores.




Despois aproveitamos as figuras para facer o seu trazo derredor na mesa multitáctil.






E os máis atrevidos ata os trazaron libremente seguindo a súa clave de cor!


1 oct 2018

OS LUNS AO FEDELLEIRO

Os luns o alumnado da Aula de A.L. trasládase ao Espazo Fedelleiro para realizar as sesións de Estimulación da Linguaxe Oral e Reforzo Educativo.

Hoxe xogamos coa Mesa de Luz recoñecendo formas e clasificando cores...




e identificando números e cantidades.