17 dic 2013

PRAXIAS CON PAPA NOEL

Como noutros cursos, por estas datas, veunos visitar PAPÁ NOEL ao Taller de Linguaxe Oral, para axudarnos na realización de praxias.



A realización de praxias incide no ton e movemento dos beizos, língua, mandíbula, meixelas... e polo tanto, mellora a nosa vocalización, articulación e pronuncia.



12 dic 2013

QUE VES?

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención e do vocabulario específico do proxecto.


Destrás dunha cortina atópanse escondidas imaxes relativas ao MAR, que nós temos que adiviñar por unha pequeña parte que asoma.

2 dic 2013

AS ONDAS

Exercicio de relaxación.



 
Rematamos o exercicio coa audición e visionado do videoclip do tema AO LONGE O MAR do grupo MADREDEUS.


A audición atenta de temas musicais de distinto tipo potencia a capacidade de escoita, o sentido estético-músical e forxa o noso espíritu crítico.

"Non hai tombo de mar que non deixe crebas na area"