22 sept 2011

CALAMITO

Na aula de 4 anos xogamos co libro despregable ¿UN CARACOL? da Editorial Edelvives na que uns animais vanse transformando noutros ata chegar ó camaleón Calamito a quen lle cantamos unha canción.
O camaleón pareceunos un animal interesante. Ten unha língua moooooi longa coa que atrapa as moscas para comelas.
Nos probamos como sería iso transformándonos en camaleóns e practicando coa nosa língua a atrapar as moscas que se nos pousaban pola cara; no naris, no queixo, na meixela dereita, na esquerda...
Pillámolas todas!!!!



21 sept 2011

OS PEIXIÑOS DE 3 ANOS

Cantamos o conto dun PEIXE MOI DIVERTIDO da Editorial Combel cos nenos e nenas de 3 anos.
Pintamos o peixe de azul e amarelo e bailamos a canción de MAMÁ CABRA  facendo os xestos.
Encántanos a música!!


20 sept 2011

UN CURSO NUN BOSQUE ANIMADO

Abride os ollos, as orellas e as bocas ...
xa comezamos a andadura polo noso bosque animado!!!!