O venres 2 de marzo imos ao Pazo da Ópera da Coruña para asistir a un concerto didáctico a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Escoitaremos unha obra de Ravel titulada MA MERE L´OYE (MAMÁ OCA), unha peza musical baseada en 5 contos (a Bela Durminte, a Bela e a Besta, Polgariño, Feuchiña e o Xardín das Fadas).
Esta semana no Taller de Linguaxe Oral comezamos a preparar a visita.
Realizamos a audición dos 5 movementos da obra (os 5 contos nos que se inspira).
Os que máis gustaron foron a Bela e a Besta e o Xardín das Fadas.
Como non podía ser doutra maneira, hoxe, triunfou o AMOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario