Esta semana Icía e Emma da aula de 5 anos nos ensinaron un xogo moi divertido cun "recitado prehistórico" para botar as sortes.
Formando unha roda rifamos co recitado mentres imos tocando os pés dos nosos compañeiros. A quen lle toque ten que adiantar un pé. Se xa ten un dos pés adiantados e lle toca no outro queda eliminado, ten que ir fóra da roda e colocarse dalgunha maneira na que os pés non toquen o chan. Cando quede só un neno na roda, este ten que ir pillar aos demáis.
Aprendendo e repetindo recitados diversos melloramos a nosa atención, memoria, vocalización e fluidez verbal.
Actividade deseñada para o aumento da capacidade respiratoria e a duración do sopro.
Despois dunha profunda inspiración expulsamos ruidosamente todo o aire pola boca facendo o sonido "SSSSSSS" seguindo a forma das figuras. Non podemos coller aire nada máis que unha vez (no puntiño) e o aire expirado tennos que durar ata rematar de facer a figura.
O correcto ton muscular dos órganos que interveñen na fonación é necesario para a vocalización e articulación dos fonemas. Mediante este xogo, no que empregamos unha culler plástica e unha pelota de ping-pong, traballamos a forza dos beizos e meixelas para soster ben recta a culler e impedir así que caia a pelota.