24 ene 2013

PEDRO PICAPIEDRA DICE ASÍ...

Esta semana Icía e Emma da aula de 5 anos nos ensinaron un xogo moi divertido cun "recitado prehistórico" para botar as sortes.


Formando unha roda rifamos co recitado mentres imos tocando os pés dos nosos compañeiros. A quen lle toque ten que adiantar un pé. Se xa ten un dos pés adiantados e lle toca no outro queda eliminado, ten que ir fóra da roda e colocarse dalgunha maneira na que os pés non toquen o chan.
Cando quede só un neno na roda, este ten que ir pillar aos demáis.


Aprendendo e repetindo recitados diversos melloramos a nosa atención, memoria, vocalización e fluidez verbal.



Moitas grazas ICIA e EMMA!
Pasámolo bomba!

No hay comentarios:

Publicar un comentario