Descarga
18 feb 2017
19 nov 2016
INICIAIS EN 3D
Na Aula de A.L. xa estreamos a Impresora 3D da biblioBN e o fixemos con algo tan significativo como as nosas iniciais.
Unha vez impresas as levamos para casa para explicarlle a nosa familia como as fixemos.

16 nov 2016
QUE EMPEZA POR...
2 nov 2016
O ESCORNABOT NO SAMAÍN
Na Aula de A.L. festexamos o Samaín cunha actividade de discriminación auditiva co ESCORNABOT.
Comezamos na casiña de saída localizando o Código QR co número 1. Levamos a el o Escornabot e o chegar escaneamos o QR co IPAD.
O QR levaranos a un video que reproducirá un son de medo. Buscamos a imaxe correspondente a ese son e levamos alí o Escornabot.
Buscamos o seguinte número e repetimos o proceso ata percorrelos todos.
Comezamos na casiña de saída localizando o Código QR co número 1. Levamos a el o Escornabot e o chegar escaneamos o QR co IPAD.
Buscamos o seguinte número e repetimos o proceso ata percorrelos todos.
24 oct 2016
ESCORNAXOGO
Tamén podedes xogar nun dispositivo móbil instalando a App e buscando no menú a palabra ESCORNAXOGO.
14 oct 2016
CROCODILO
Na Aula de A.L. tamén empregamos o ESCORNABOT para dinamizar contos.
Desta vez tocoulle a CROCODILO da Ed. Kalandraka, que sempre foi un éxito nesta aula.
Despois da lectura do conto imos sacando as tarxetas das cores na orde na que aparecen.
Poñémoslle a tarxeta da cor ao escornabot, que terá que levala á ilustración coa que se fai a rima, tal como escoitamos no conto:

Verde - O crocodilo que se perde
Azul - Baúl
Amarelo - Castelo
Negra- Pedra
Morado - Tellado
Laranxa - Granxa
Vermelliño - Piolliño
Comezamos na casiña da portada e rematamos na contraportada.
Panel de xogo
Tarxetas das cores elaboradas con pictos ARASAAC
13 oct 2016
CREANDO UN XOGO CO TINYTAP
Na Aula de A.L. andamos a crear un xogo no Ipad coa App "TinyTap".
Creamos as actividades do xogo, fotografamos, engadimos o contido e gravamos as nosas voces.
No proceso de creación traballamos a lectoescritura, conceptos matemáticos, espaciais, temporais, lóxicos, vocabulario, vocalización, pronunciación, atención, memoria, razoamento... e un looooongo etcétera!
Que ben o imos pasar cando o rematemos e podamos xogar cun xogo feito por nós mesmos/as.
Se queredes probar esta App e crear algún xogo novo, podedes descargar "TinyTap" en calquera dispositivo móbil:

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)