6 mar 2016

DÍA DA LOGOPEDIA

Hoxe, 6 de marzo, celébrase o DÍA DA LOGOPEDIA.

Esta disciplina ocúpase da prevención, a evaluación e o tratamento dos trastornos da comunicación, manifestados a través de patoloxías e alteracións na voz, a fala, a linguaxe (oral, escrita e xestual), a audición e as funcións orofaciais, tanto na poboación infantil como adulta.

No ámbito escolar realiza este traballo o/a ESPECIALISTA DE AUDICIÓN E LINGUAXE.
Pictograma ARASAAC

Para festexalo deixovos un xogo con algúns órganos da linguaxe elaborado con SCRATCH.

28 nov 2015

SONS OLÍMPICOS

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, discriminación auditiva e vocabulario específico do proxecto.


Detrás dun fondo de cor está escondido o pictograma dun deporte olímpico que teremos que adiviñar polo seu son.





21 nov 2015

PRAXIAS DO MAGOSTO

Coa axuda dunha CASTAÑA realizamos exercicios cos órganos bucofonatorios que nos axudan a mellorar a vocalización e pronuncia.


Poñémoslle unha boca á CASTAÑA e a imitamos colocando os beizos, lingua, dentes e meixelas coma ela.




6 nov 2015

ATOPA O INTRUSO NO SAMAÍN




Actividade deseñada para o traballo da atención, vocabulario específico do SAMAÍN, razoamento e expresión oral.





26 oct 2015

DIANA DE SOPRO

Xogo deseñado para o traballo do sopro.



Soprando temos que tratar de meter a boliña dentro dalgún aro.


Cada un deles dános diferentes puntos. 


A probar esa puntería!!!