26 oct 2015

DIANA DE SOPRO

Xogo deseñado para o traballo do sopro.



Soprando temos que tratar de meter a boliña dentro dalgún aro.


Cada un deles dános diferentes puntos. 


A probar esa puntería!!!


14 dic 2014

PARELLAS DO NADAL

Actividade SMART deseñada para o traballo do razoamento verbal e do vocabulario do Nadal.


Xogamos cunhas "bolas tolas" a adiviñar cousas típicas do Nadal e a compoñer os seus nomes.


Tamén tivemos que pensar que dúas imaxes facían parella e explicar o por qué.


Gústanos o Nadal!!!


Nesta actividade empregáronse pictogramas ARASAAC.


28 nov 2014

XOGAMOS COS OFICIOS

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, razoamento verbal e vocabulario específico do proxecto.



Xogamos a seleccionar, entre unha serie de obxectos, os propios de cada oficio.


Nesta actividade empregáronse pictogramas ARASAAC.


21 nov 2014

VISITA DO ANANIÑO

Esta semana recibimos a visita do ANANIÑO no Taller de Linguaxe Oral, co que traballamos a discriminación e pronuncia dos sons do idioma, xa sexa illados ou ben dentro das palabras.


Na aula de 5 anos trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, co que traballamos coa sílaba tónica en palabras bisílabas.