20 may 2014

ANTEFACE

No Taller de Linguaxe Oral desta semana xogamos cun anteface.


Con el traballamos a discriminación auditiva, escoitando dous instrumentos musicais que soaban á vez e tentando adiviñar, sen velos, cales eran.


19 may 2014

"POLA UNHA, MEDIA LÚA". O AUDIOVISUAL

Gustounos tanto esta canción de MAMÁ CABRA, que fixemos con ela un STOPMOTION.


Todas as aulas, no Taller de Linguaxe Oral, fixemos unha parte do proceso; ilustramos, recortamos, fotografamos, gravamos as nosas voces...


E así de bonito nos quedou!

BITS DOS 7MARES 13


13 may 2014

POLA UNHA, MEDIA LÚA

No Taller de Linguaxe Oral traballamos de novo cunha canción de MAMÁ CABRA.
Esta vez trátase de "POLA UNHA, MEDIA LÚA", un fermoso tema que nos fala dos números e do mar.



Buscamos a letra da canción no álbum, falamos do que dicía, buscamos o número da canción na carátula e escoitamos o tema.


Despois cubrimos a ficha coa información do CD.