25 feb 2014

GRAZAS BÁRBARA E PATRICIA!

Hoxe despedimos a Bárbara e Patricia que estiveron a realizar, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS que xa finaliza.


Como mostra de agradecemento por todas as actividades que realizaron para nós, lles entregámos un pequeno agasallo.



OS NENOS DE MADEIRA

Conto deseñado e desenvolvido por Bárbara e Patricia, que están a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.


Mediante o conto "OS NENOS DE MADEIRA" exercitamos a relaxación, respiración, praxias, voz e vocalización.


E, por suposto, tamén nos divertimos!

23 feb 2014

ANANIÑO

Co ANANIÑO traballamos a discriminación e pronuncia dos sons do idioma, xa sexa illados ou ben dentro das palabras.


Esta semana trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, no que tiñamos que atopar e clasificar palabras que contiñan un fonema determinado.


Con esta actividade reforzamos a conciencia fonolóxica necesaria para solucionar ou previr dificultades da fala e de lectoescritura.


18 feb 2014

QUE SUENA?

Actividade de discriminación auditiva deseñada e desenvolvida por Patricia, que está a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.


Con este xogo traballamos a identificación de sons e discriminación da súa intensidade.

17 feb 2014

UN MAR DE SONS

Actividade de discriminación auditiva deseñada e desenvolvida por Bárbara, que está a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.



Bárbara presentounos unha actividade moi completa, onde distintos animais mariños escondían xogos de audición cos que traballamos a discriminación, asociación, atención e memoria auditiva.