18 jun 2013

QUE VES?

Actividade deseñada para o traballo da percepción visual, da atención e do razoamento.


Detrás da cortina escóndense imaxes da prehistoria traballadas nos BITS.
Abrimos a cortina pouco a pouco e temos que descubrir polo anaquiño que se ve de que imaxe se trata.

17 jun 2013

SONS DA PREHISTORIA: A MÚSICA

Actividade LIM de elaboración propia deseñada para o traballo da discriminación auditiva e do vocabulario do proxecto.


9 jun 2013

A CAVERNA DO CLAN DO...

Actividade deseñada para o traballo da discriminación e conciencia fonética e fonolóxica.


Na caverna deste clan soamente poden entrar as palabras que conteñan un fonema determinado. Así que temos que fixarnos ben nelas para escoller as que nos valen.

28 may 2013

QUE CAMBIOU?

Actividade deseñada para o traballo da atención, da memoria e do vocabulario do proxecto.