1 jun 2012

FOTOGRAFÍA ANALÓXICA


Seguindo o traballo coa fotografía, no Taller TIC, estamos a facer fotos cunha cámara analóxica.
Observamos e charlamos sobre as diferencias coa dixital, aprendimos como funciona, onde garda as fotos, vimos e manipulamos carretes, negativos e diapositivas.
E o máis interesante é que estamos realizando un reportaxe fotográfico do noso cole, retratando as cousas, momentos e lugares que máis nos gustan del.
Estamos desexando ver xa estas fotos reveladas, as nosas olladas a través dun obxectivo "analóxico".

30 may 2012

TRANSFORMACIÓNS

Así de bonitas quedaron as fotos ao estilo KLIMT.
Unha vez editadas, recortadas e asinadas as imprimimos en branco e negro.
Despois actuamos libremente sobre elas cos materiais a nosa disposición.
Nós, como KLIMT, tamén somos uns artistas!

FOTOS 3 ANOS

FOTOS 4 ANOS

FOTOS 5 ANOS

29 may 2012

A VIDA DO BOSQUE II

Para seguir aprendendo cousas dos bosques mentres xogamos.
Premede na imaxe para entrar no xogo.

24 may 2012

TRABALINGUAS


Aprendendo e repetindo trabalinguas melloramos a vocalización, a pronuncia e a fluidez da nosa fala.
Tamén nos divertimos vendo como nos trabamos e aprendemos a aceptar os nosos erros e os dos demais.

20 may 2012

A VIDA DO BOSQUE

Outra proposta dende o Taller TIC de xogo e aprendizaxe.
Premede na imaxe para xogar.

14 may 2012

VACA

Traballamos as praxias (movementos da boca, língua e mandíbula) coa axuda desta vaca.