Así de bonitas quedaron as fotos ao estilo KLIMT. Unha vez editadas, recortadas e asinadas as imprimimos en branco e negro. Despois actuamos libremente sobre elas cos materiais a nosa disposición. Nós, como KLIMT, tamén somos uns artistas!
Aprendendo e repetindo trabalinguas melloramos a vocalización, a pronuncia e a fluidez da nosa fala. Tamén nos divertimos vendo como nos trabamos e aprendemos a aceptar os nosos erros e os dos demais.
No Taller TIC estivemos a traballar coa cámara de fotos.
Xa que estamos aprendendo moito de KLIMT probamos a sacar fotos ao seu estilo, retratando o que viamos a través dun marco.
Os de 5 anos "enmarcaron" os exteriores do Museo de Belas Artes. Os de 4 anos bodegóns que realizaron con teas, un tronco e outros marcos. E os de 3 anos o horto da escola. Neste video podedes ver unha mostra destas fotos tan artísticas.