15 abr 2020

QUEDA NA CASA: DE QUEN É?

Ollamos as láminas. Dicimos o nome da profesión ou oficio de cada recadro.

Xogamos a seleccionar, entre a serie de obxectos, os propios de cada oficio.









Actividade deseñada para o traballo do vocabulario, atención, asociación e razoamento verbal.

Imaxe extraídas de ARASAAC: http://www.arasaac.org/

14 abr 2020

QUEDA NA CASA: ANIMAIS SOPRADORES

Mira os seguintes animais. Dí o seu nome.

Colle o aire polo nariz e solta todo o aire expirado como cada animal dunha maneira continua e nunha soa vez.







Agora temos que levar cada animal a súa casa soprando.

Collemos aire nada máis que unha vez (no animal) e o soltamos da maneira de cada animal.

O aire expirado tennos que durar ata chegar a súa casa.







Antes de comezar podedes ver este video demostrativo:


Actividade deseñada para o traballo da respiración e o sopro e así mellorar a nosa capacidade expiratoria necesaria para a correcta fonación.

3 abr 2020

QUEDA NA CASA: XOGO DE SOPRO

Materiais para o xogo: 

  • 1 boliña de papel
  • 2 vasos

XOGO 1

Conseguir que a boliña pase entre os 2 vasos soprándolle.



XOGO 2

Conseguir que a boliña entre dentro de 1 vaso soprándolle.


2 abr 2020

QUEDA NA CASA: ONOMATOPEAS DO CORPO

Ollamos as imaxes, dicimos a acción de cada unha e por último facemos a súa onomatopea.

Exemplo: Pisar "Aiiiiii Aiiiiiii"






















Actividade extraída de ARASAAC para o traballo da articulación e a identificación de accións e os seus sons.

1 abr 2020

QUEDA NA CASA: ATOPA O DISPARATE

Mira atentamente cada imaxe. Busca, atopa e explica por que é un disparate.














Actividade deseñada para o traballo da atención, razoamento e expresión verbal.