A ver si me ves. Precioso libro para traballar a discriminación visual, a figura-fondo, a atención, os números e o vocabulario. Unha xoia!
23 nov 2018
19 nov 2018
CIRCUÍTOS PARA O ESCORNABOT
Este luns no Fedelleiro o alumnado de A.L. construíu circuítos para o Escornabot con distintos materiais. Despois mediante estimacións dos avances os percorreron.
15 nov 2018
14 nov 2018
MEMORY DO MAGOSTO
Xogo para traballar a discriminación visual, a atención e a memoria visual elaborado con tapóns de botellas de leite.
Imprimimos a plantilla das castañas nunha cartolina e recortamos. Colocamos as castañas no fondo dos tapóns, unha no verde e a outra parella no vermello. Dámoslle a volta e a xogar!!!
Comezamos por identificar as que son iguais e formamos parellas con elas. Cando xa somos capaces de formar parellas de iguais xogamos ao Memory para así traballar tamén a memoria.
Coa axuda da clave de cor, temos que ir destapando de dous en dous para tentar atopar as parellas de castañas iguais recordando a súa posición.

12 nov 2018
MAGOSTO CO ESCORNABOT
Comezamos a Semana do Magosto no Fedelleiro cun xogo para o traballo da discriminación visual, atención, vocabulario e razoamento verbal onde temos que atopar, nomear e levar o Escornabot ás imaxes relacionadas co Magosto.
Unha vez chegamos co Escornabot temos que explicar por qué están relacionadas con esta celebración.
Unha vez chegamos co Escornabot temos que explicar por qué están relacionadas con esta celebración.
8 nov 2018
NOVA ADQUISICIÓN PARA A AULA DE A.L.
Grazas ao Proxecto Arteixo Innovación acabamos de adquirir un Monitor táctil para a Aula de A.L. que será empregado para a atención á diversidade.
6 nov 2018
PREPARANDO A "I ENCURTA DIVERSA"
Este luns o alumnado de A.L. recluíuse no Espazo Fedelleiro para a rodaxe dunha produción audiovisual para un Venres de EnCURTAS.
O resultado verémolo en poucos días, inaugurando así as "EnCURTAS Diversas".
Unha vez preparamos o material (bolsa de papel para o fondo, cortizas, unha semente moi especial impresa en 3D a partires dun debuxo seu, os seus dedos, as súas mans, pintura, trípode, IPAD e foco) , comezamos a rodaxe colaborativa co programa STOPMOTION STUDIO PRO.
O resultado verémolo en poucos días, inaugurando así as "EnCURTAS Diversas".
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)