15 may 2017

SUMAS CO ESCORNABOT

Na Aula de A.L. seguimos xogando e aprendendo co Escornabot
Desta vez axudounos a practicar a suma.


Sobre a recta numérica soamente tiñamos que darlle ao escornabot para diante o número de veces que nos indicaba a suma.


Ao avanzar ese número de casiñas o Escornabot nos levaba ao resultado.


Que divertidas resultáronnos as sumas!

12 mar 2017

SI OU NON?

Xogo elaborado coa App "Tiny Tap" na Aula de A.L. para o traballo da comprensión e o razoamento verbal.



Imaxes extraídas de:
http://www.soyvisual.org/
http://www.soyvisual.org/

Sons:
voces do alumnado da Aula de A.L.



Para xogar nun dispositivo móbil podedes descargar "TinyTap" en:



Despois buscamos no menú da App o nome do xogo: ¿SI O NO?



19 nov 2016

INICIAIS EN 3D

Na Aula de A.L. xa estreamos a Impresora 3D da biblioBN e o fixemos con algo tan significativo como as nosas iniciais.



Unha vez impresas as levamos para casa para explicarlle a nosa familia como as fixemos.



16 nov 2016

QUE EMPEZA POR...

Na Aula de A.L. gustounos tanto a App "TinyTap" que elaboramos con ela outro xogo para traballar a fonética e a conciencia fonolóxica.




Imaxes extraídas de:
http://logopediadinamicaydivertida.blogspot.com.es/



Sons das letras:
voces do alumnado que asiste á Aula de A.L.



Para xogar nun dispositivo móbil podedes descargar "TinyTap" en:



Despois buscamos no menú da App o nome do xogo: QUÉ EMPIEZA POR...


2 nov 2016

O ESCORNABOT NO SAMAÍN

Na Aula de A.L. festexamos o Samaín cunha actividade de discriminación auditiva co ESCORNABOT.


Comezamos na casiña de saída localizando o Código QR co número 1. Levamos a el o Escornabot e o chegar escaneamos o QR co IPAD.


O QR levaranos a un video que reproducirá un son de medo. Buscamos a imaxe correspondente a ese son e levamos alí o Escornabot.


Buscamos o seguinte número e repetimos o proceso ata percorrelos todos.



Os Códigos QR do panel de xogo foron elaborados con UNITAG.