Xogando cos nomes aprendemos a identificar o noso nome e os dos/as nosos/as compañeiros/as e a recoñecer as letras e os seus sons.
E se ademais empregamos o ESCORNABOT a diversión, a atención e a aprendizaxe aumentan.
17 jun 2016
16 jun 2016
NOVA ADQUISICIÓN PARA A AULA DE A.L.
Grazas ao Proxecto Arteixo Innovación acabamos de adquirir un IPAD en exclusiva para a Aula de A.L. que será empregado para a atención á diversidade.
Cantas cousas imos facer con el!!!!
Xa o estreamos, non puidemos agardar ao vindeiro curso.
15 jun 2016
TRAZO
Na Aula de A.L. tamén empregamos o IPAD para traballar o trazo dos números.
Actividade extraída de:
13 jun 2016
CATEGORÍAS SEMÁNTICAS
Na Aula de A.L. seguimos co Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, traballando a adquisición de vocabulario e as categorías semánticas coa axuda do ESCORNABOT.
Tiramos o dado, que nos indica a categoría semántica (animais, froitas, instrumentos musicais, prendas de vestir...), buscamos no panel unha palabra de dita categoría e alí levamos ao ESCORNABOT.
Tiramos o dado, que nos indica a categoría semántica (animais, froitas, instrumentos musicais, prendas de vestir...), buscamos no panel unha palabra de dita categoría e alí levamos ao ESCORNABOT.
8 jun 2016
ESQUEMA CORPORAL
Na Aula de A.L. traballamos o esquema corporal compoñendo os crebacabezas das nosas caras e das dos nosos/as compañeiros/as no IPAD.
30 may 2016
O ESCORNABOT NA AULA DE A.L.
Na Aula de A.L. xa comezamos o traballo co Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar xogando cos números como actividade de reforzo.
6 mar 2016
DÍA DA LOGOPEDIA
Hoxe, 6 de marzo, celébrase o DÍA DA LOGOPEDIA.
Esta disciplina ocúpase da prevención, a evaluación e o tratamento dos trastornos da comunicación, manifestados a través de patoloxías e alteracións na voz, a fala, a linguaxe (oral, escrita e xestual), a audición e as funcións orofaciais, tanto na poboación infantil como adulta.
No ámbito escolar realiza este traballo o/a ESPECIALISTA DE AUDICIÓN E LINGUAXE.
No ámbito escolar realiza este traballo o/a ESPECIALISTA DE AUDICIÓN E LINGUAXE.
![]() |
| Pictograma ARASAAC |
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

























