1 dic 2014
28 nov 2014
XOGAMOS COS OFICIOS
Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, razoamento verbal e vocabulario específico do proxecto.


Xogamos a seleccionar, entre unha serie de obxectos, os propios de cada oficio.
Nesta actividade empregáronse pictogramas ARASAAC.
21 nov 2014
VISITA DO ANANIÑO
Esta semana recibimos a visita do ANANIÑO no Taller de Linguaxe Oral, co que traballamos a discriminación e pronuncia dos sons do idioma, xa sexa illados ou ben dentro das palabras.
Na aula de 5 anos trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, co que traballamos coa sílaba tónica en palabras bisílabas.
Na aula de 5 anos trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, co que traballamos coa sílaba tónica en palabras bisílabas.
17 nov 2014
15 nov 2014
TOMA CASTAÑA
Na semana do Magosto, no Taller de Linguaxe Oral, traballamos a motricidade e tonicidade bucofacial con castañas.
Coa axuda dunha culler levamos, sen mans, a castaña a un compañeiro/a.
Non podemos tocar a culler e non se pode caer a castaña!
Toma castaña!
Coa axuda dunha culler levamos, sen mans, a castaña a un compañeiro/a.
Non podemos tocar a culler e non se pode caer a castaña!
Toma castaña!
11 nov 2014
XOGO DOS NOMES
Actividade LIM de elaboración propia deseñada para traballar e xogar cos nomes na aula de 3 anos.
7 nov 2014
QUE SOA? VEHÍCULOS
Actividade SMART deseñada para o traballo da atención e discriminación auditiva.
Detrás dun fondo de cor está escondido un vehículo que teremos que adiviñar polo seu son.
Unha vez o sabemos, borramos a cor para comprobar se acertamos.
Unha vez o sabemos, borramos a cor para comprobar se acertamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











