Continuamos co noso refraneiro mariñeiro.
Imaxe do refrán extraída do AQUARIUM FINISTERRAE.
A aprendizaxe e repetición de refráns, lerias, poemas, trabalinguas... reforza a atención e memoria, mentras que mellora a nosa fluidez verbal e facilita a adquisición de vocabulario.
Actividade deseñada para o traballo da atención, memoria e vocabulario específico do Samaín.
Actividade elaborada con pictogramas ARASAAC.
No Taller de Linguaxe Oral festexamos o SAMAÍN realizando unhas praxias coa axuda deste vídeo de cabazas de elaboración propia.
A realización de praxias incide no ton e
movemento dos beizos, língua, mandíbula, meixelas... e polo tanto, mellora a
nosa vocalización, articulación e pronuncia.
Audiovisual realizado cos debuxos e as voces dos nenos e nenas da aula de 3 anos.
Preme na imaxe e xoga online.