21 oct 2013

PEIXIÑO: A CANCIÓN

Despois do xogo de sopro co peixiño pasamos ao traballo coa súa canción.
Un tema do grupo MAMÁ CABRA que fomos buscar e escoitar á biblioBN.



Logo rexistramos os datos cos que traballamos.



Se queredes escoitar un anaco desta fermosa canción premede na seguinte imaxe.

15 oct 2013

PEIXIÑO

Xogo de sopro elaborado reutilizando o papel de xornal que pintamos na realización do VIDEOCLIP  "CANTOS RODADOS" , unha palla e un anaco de corda.





Mirade que ben fixemos nadar ao noso peixiño de sopro!


6 oct 2013

PRAXIAS MARIÑAS

Actividade SMART deseñada para o traballo dos órganos bucofaciais mediante a exercitación dos mesmos.
Sodes capaces de poñer as vosas bocas como as destos animais mariños?


A realización de praxias incide no ton e movemento dos beizos, língua, mandíbula, meixelas... e polo tanto, mellora a nosa vocalización e articulación.
Ao rematar os exercicios fixemos a ficha da actividade.
 

1 oct 2013

ATOPA 5 DIFERENCIAS


Actividade de atención que realizamos primeiro dunha maneira conxunta no EDI e despois individualmente na ficha.