Premede na imaxe para entrar no xogo.
29 may 2012
24 may 2012
TRABALINGUAS
Aprendendo e repetindo trabalinguas melloramos a vocalización, a pronuncia e a fluidez da nosa fala.
Tamén nos divertimos vendo como nos trabamos e aprendemos a aceptar os nosos erros e os dos demais.
20 may 2012
14 may 2012
10 may 2012
KARAOKE DO GRILO
No Taller de Linguaxe Oral aprendimos unha canción do grupo FOL DO VENTO que fala dun grilo que non para de cantar.
Resultounos moi graciosa e ata nos atrevimos cun karaoke.
9 may 2012
FOTOS ESTILO KLIMT
No Taller TIC estivemos a traballar coa cámara de fotos.
Xa que estamos aprendendo moito de KLIMT probamos a sacar fotos ao seu estilo, retratando o que viamos a través dun marco.
Os de 5 anos "enmarcaron" os exteriores do Museo de Belas Artes. Os de 4 anos bodegóns que realizaron con teas, un tronco e outros marcos. E os de 3 anos o horto da escola.
Neste video podedes ver unha mostra destas fotos tan artísticas.

3 may 2012
O XOGO DO GRILO
Quen non escoitou cantar o grilo nun paseo polo campo? O difícil é topalo!
Diso trata este xogo de audición e discriminación auditiva no que repartimos tarxetas con animais que cada un garda en segredo no seu peto. Ao son da campá todos os animais comezan a "falar". Entre todos eles se agocha o grilo.
CRI CRI CRI CRI
Quen o ten no seu peto?
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)